para o Claustro da UVigo 2026
Infinitas grazas pola vosa confianza! A pesar das peculiaridades desta xornada, conseguimos un oco no Claustro dende o que reivindicar as vosas necesidades e traballar por unha UVigo máis xusta, aberta e que reflicta as achegas do estudantado da ESEI. Isto non fixo máis que comezar. Lembrade que tedes á vosa disposición todas as miñas vías de comunicación na páxina da candidatura. Seguimos en contacto!